AD

rianxo

70 Resultados / Página 3 de 8

Fondo
AD

Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo

O Concello de Rianxo vén de rexistrar un novo cambio na súa composición corporativa tras a dimisión da portavoz do BNG, Sarela Betanzos, anunciada no último pleno municipal. Esta renuncia súmase á presentada en agosto de 2024 por Xusto Xosé Ordóñez Figueira, tamén integrante das filas nacionalistas, o que supón a segunda baixa rexistrada no grupo do BNG durante o actual mandato. Pola súa banda, o grupo municipal socialista tamén experimentou importantes cambios nos últimos meses coa saída de Miguel […]

today1 junio, 2026

Comarca

A Garda Civil felicita á Policía Local de Rianxo pola súa colaboración na loita contra o tráfico de drogas

A cooperación entre ambos corpos permitiu desmantelar dous puntos de venda de estupefacientes e deter a cinco persoas no municipio A Garda Civil, a través do Capitán Xefe da Compañía de Noia, trasladou unha felicitación oficial á Policía Local de Rianxo polo labor de colaboración prestado en materia de protección da seguridade cidadá e loita contra o tráfico de sustancias estupefacientes. Nos últimos meses, axentes da Policía Local participaron en diversos operativos coordinados coa Garda Civil que culminaron co desmantelamento […]

today25 mayo, 2026

Comarca

A Estrada impulsa o irmandamento con Rianxo cun novo regulamento de honras e distincións

O Concello da Estrada aprobará previsiblemente no pleno municipal deste mes de maio o seu primeiro Regulamento de Honras e Distincións, unha ferramenta que permitirá formalizar o futuro irmandamento co Concello de Rianxo e regular diferentes recoñecementos institucionais no municipio. A iniciativa enmárcase no Ano Cultural Virxinia Pereira e busca reforzar os vínculos históricos e culturais entre ambas localidades a través da figura da estradense Virxinia Pereira e do rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O goberno municipal considera que este […]

today6 mayo, 2026

Comarca

Un novo paso para a residencia de maiores de Rianxo

O Concello de Rianxo deu hoxe un paso decisivo cara á construción da futura Casa de Acompañamento aos Maiores (CAM), un innovador modelo de residencia pública impulsado pola Deputación da Coruña. Durante a xornada comezaron os traballos do estudo xeotécnico, unha fase clave previa á redacción do proxecto construtivo do centro, que se situará nunha parcela que será cedida á administración provincial. Precisamente, o pleno da corporación municipal celebra tamén hoxe unha sesión extraordinaria coa finalidade de aprobar a cesión […]

today14 abril, 2026

Actualidad

O alcalde de Rianxo destaca o investimento histórico e pide frear o clima de insulto político

O alcalde defende os logros dos primeiros mil días de goberno, destaca o investimento histórico e insiste na necesidade de “reivindicar o diálogo fronte ao insulto” O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, debullou nunha ampla entrevista o balance dos seus primeiros mil días de mandato, nun contexto marcado tanto pola actualidade inmediata —cun final feliz na desaparición dun veciño— como pola reflexión política sobre o presente e o futuro do municipio. Bustelo amosouse satisfeito co traballo realizado, reivindicando unha forma […]

today10 abril, 2026

Actualidad

Nueva dimisión en el PSOE de Rianxo: Miguel Ángel Iglesias deja su acta, la tercera en cinco meses

Miguel Ángel Iglesias Romero ha presentado su renuncia al acta de concejal en la corporación municipal de Rianxo. Se trata de la tercera dimisión en el grupo municipal del PSOE rianxeiro en solo cinco meses, tras las salidas de Elena Otero y Rosana García, que se hicieron efectivas en el pleno ordinario del pasado mes de septiembre. La dimisión del número dos de la candidatura socialista en las elecciones municipales de 2023 fue comunicada por el portavoz del grupo, Óscar […]

today26 febrero, 2026

Comarca

Rianxo avanza en proxectos estratéxicos tras unha xuntanza co presidente da Xunta

O alcalde de Rianxo, Julían Bustelo, mantivo unha xuntanza de traballo co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, co obxectivo de abordar diferentes asuntos de interese prioritario para o municipio. Durante o encontro analizáronse actuacións necesarias a curto prazo, así como proxectos estratéxicos nos que o Concello leva tempo traballando e que están chamados a transformar de maneira significativa o Rianxo actual. Segundo trasladou o rexedor, trátase de iniciativas clave para mellorar servizos, infraestruturas e calidade de vida da veciñanza. […]

today23 febrero, 2026

Comarca

Rianxo levará ao Pleno a cesión de terreos á Deputación para a Casa de Maiores

  O Executivo local someterá á consideración do Pleno da Corporación a cesión, á Deputación da Coruña, dos térreos necesarios para a construción dunha das tres Casas de Acompañamento aos Maiores que a Deputación promove na provincia, inspiradas nos modelos europeos de quinta xeración implantados en países como Dinamarca, Suecia ou os Países Baixos. A parcela obxecto a ceder localízase a carón do Instituto de Educación Secundaria Félix Muriel e conta con aproximadamente 8.000 metros cadrados, dos cales 5.300 son […]

today19 febrero, 2026

Actualidad

Rianxo e A Estrada, unidos por Castelao

O Concello de Rianxo celebrou un emotivo acto de homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao con motivo do 140 aniversario do seu nacemento, reafirmando o compromiso institucional coa memoria, a obra e os valores dun dos grandes referentes da cultura e do pensamento galego. No acto participaron diversas autoridades, entre elas o subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde Alonso; o secretario xeral da Lingua, Valentín García; o deputado provincial, Antonio Leira; e o presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo […]

today1 febrero, 2026

AD