Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today31 agosto, 2024
Contouse coa colaboración dos comerciantes que non dubidaron en prestar a súa voz e imaxe para así impulsar a compra no termo municipal teense
Este xesto por parte do Goberno local estenderase, nos vindeiros meses, ao sector da hostalaría e restauración
Teo, 31 de agosto de 2024.- O Concello de Teo lanza unha campaña audiovisual para fomentar o consumo no comercio local do municipio. A través dun pequeno vídeo, o Goberno local busca colaborar co pequeno comercio situado ao longo de todo o territorio, plasmando a gran oferta de negocios para que tanto a veciñanza como os fóraneos fagan uso dos mesmos.
Trátase dunha campaña que pretende dar visibilidade a todo tipo de negocio, incluíndo todos os sectores como o de alimentación, textil, hixiene, etc. Para iso, contouse coa colaboración dos propios comerciantes que non dubidaron en prestar a súa voz e imaxe para así impulsar a compra no termo municipal teense. Unha iniciativa que tivo moi boa acollida entre os empresarios. “Queremos axudar aos novos veciños e veciñas porque son o motor económico do noso territorio”, matizou a alcaldesa Lucía Calvo de la Uz. Neste senso, a rexedora salientou que é importante, por parte da Administración local, axudar na medida das súas posibilidades ao sector empresarial porque son unha parte vital do correcto desenvolvemento do municipio.
Este xesto por parte do Goberno local estenderase, nos vindeiros meses, ao sector da hostalaría e restauración, tamén co obxectivo de potenciar o consumo local e dar a coñecer entre a poboación toda a oferta que presenta este municipio de case 20.000 habitantes e situado ás portas da capital galega.
Campaña turística
Esta campaña audiovisual súmase á presentada a comezos de ano: “REDEscubre Teo 2024”, a primeira campaña turística e cultural planificada e orzamentada cunha calendarización anual, froito da vontade política do actual Goberno por apostar polo desenvolvemento turístico sostible do municipio.
Desta forma, o Concello creou para todo o ano un amplo abano de oferta complementaria dirixida a todos os públicos, co fin de convidar á veciñanza a ser partícipes das numerosas actividades onde se descobre o concello. Para os visitantes presentouse tamén unha ampla oferta turística e cultural acorde ás novas tendencias de comportamento turístico
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)