AD

Comarca

Teo inicia a campaña “Ti tes a chave” para impulsar o uso do colector marrón

today29 junio, 2026

Fondo
share close
AD
  • A veciñanza dos núcleos urbanos recibirán información sobre os colectores marróns, darse de alta no programa e recoller o seu kit composto por caldeiro, bolsas compostables, chave e folleto informativo
  • A poboación obxecto será a que habita no núcleo urbano onde existen edificios en verticalidade, así como os establecementos susceptibles de xerar materia orgánica
  • Colocaranse 150 contedores marróns de forma progresiva a partir de mediados de xullo en diversos puntos dos núcleos urbanos

Teo (A Coruña), 29 de xuño de 2026.- O Concello de Teo porá en marcha este mércores unha nova campaña de información e divulgación da fracción orgánica, baixo o lema “Ti tes a chave”.

Desta forma, a veciñanza dos núcleos urbanos recibirán información sobre os colectores marróns, darse de alta no programa e recoller o seu kit composto por caldeiro, bolsas compostables, chave e folleto informativo. O colector marrón, a quinta fracción, ten como uso exclusivo a recollida de residuos orgánicos. Este novo depósito ten a particularidade de estar pechado coa finalidade de concienciar á veciñanza da separación de residuos orgánicos.

Cabe sinalar que a poboación obxecto será a que habita no núcleo urbano onde existen edificios en verticalidade, así como os establecementos susceptibles de xerar materia orgánica. De feito, de forma paralela, a empresa adxudicataria visitará porta a porta os establecementos xeradores de biorresiduos como restaurantes, froitarías, supermercados e outros, co fin de informarlles sobre a fracción orgánica e ter un rexistro de establecementos interesados.

En total, colocaranse 150 contedores marróns en diversos puntos dos núcleos urbanos das parroquias dos Tilos, Cacheiras, Calo, Oza e Lucí. Os contedores colocaranse de forma progresiva a partir de mediados do mes de xullo, reforzando así a recollida separada de residuos no casco urbano, sendo este proxecto totalmente voluntario para a cidadanía.

Este mércores, 1 de xullo, comezará esta campaña de sensibilización e divulgación sobre o colector marrón á rúa. Será na rúa Loureiro, xunto ao estacionamento do Centro Comercial Os Tilos en horario de 10.00 a 14.00 horas. A segunda será o 8 de xullo na Travesía de Montouto, á altura da cafetería Maradentro (na praza peatonal), no mesmo horario. O resto iranse comunicando nas redes sociais do Concello de Teo.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *