Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today6 octubre, 2026
A actuación abrangue 4,5 quilómetros de viario e unha superficie de asfaltado de 28.800 metros cadrados. O prazo para presentar ofertas remata o 21 de outubro.
Teo (A Coruña), 6 de outubro de 2026.— O Concello de Teo licita o contrato de afirmado e acondicionamento do viario municipal que conecta Luou e Rarís, por un importe de 441.495,46 euros. As empresas interesadas poden consultar a información na Plataforma de Contratación do Sector Público e presentar as súas ofertas ata o vindeiro 21 de outubro.
A intervención permitirá mellorar o estado da calzada e reforzar a seguridade viaria nun tramo deteriorado pola antigüidade do pavimento, as inclemencias meteorolóxicas e o desgaste provocado polo tráfico diario.
Os traballos abranguerán unha lonxitude de 4.500 metros, cun ancho medio de 6,40 metros, o que supón unha superficie total de asfaltado de 28.800 metros cadrados. Renovarase a capa de rodaxe con aglomerado asfáltico, tras a reparación das fochancas e o perfilado dos bordos deteriorados da calzada.
O proxecto inclúe tamén a escavación mecánica e o reperfilado de 2.000 metros de cunetas, así como o recrecido de 300 tapas de rexistro para adaptalas á cota final do pavimento. A actuación completarase coa sinalización horizontal mediante o pintado das liñas dos bordos da vía.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)