Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today26 enero, 2024
Santiago. 26-1-2024. O GDR-19 presentou en FITUR a campaña coa que quere promocionar os once concellos do Xeodestino Terras de Santiago e que ten a auga como elemento sobre o que bascula “un produto diferenciado, sostible e experiencial”, dixo a presidenta do grupo de desenvolvemento rural, Guarina Rey. O acto, celebrado este xoves no pavillón de Galicia na Feira Internacional de Turismo, contou coa presenza de numerosas persoas. Entre elas atopábanse o delegado do Goberno, Pedro Blanco; a actriz María Vázquez, que colaborou no vídeo; a directora de promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita; o marqués de Santa Cruz (Rivadulla, Vedra), os alcaldes de Boqueixón, Brión, Val do Dubra e Vedra, a alcaldesa de Santiago, e concelleiras de Padrón e Santa Comba.
“Terras de Santiago é un destino perfecto para todo tipo de perfís de viaxeiros que buscan gozar dun entorno natural” nos once municipios da contorna de Compostela, que están bañados por tres dos ríos máis importantes de Galicia (Tambre, Ulla e Xallas), afirmou Guarina Rey na presentación desta campaña, que leva por nome Terras de Compostela. Distintas maneras de disfrutar el agua.
O visitante pode gozar da natureza, tanto desconectando e relaxándose como activándose con paseos a cabalo, facendo piragüismo ou practicando deportes de aventura como rafting, puenting. “Temos rutas de sendeirismo, moitas seguindo o curso dun río; unha trintena de áreas recreativas, a maioría con praias fluviais, e augas termais. Sen esquecernos do turismo cultural, histórico, arquitectónico ou literario”, destacou Guarina Rey na súa intervención.
A peza audiovisual, producida pola empresa compostelá Alicentis, amosa tamén como a oferta de actividades se complementa con aloxamentos de primeiro nivel para diferentes tipoloxías de público, así como unha excelente gastronomía grazas á que degustar viños con denominación de orixe ou a tradicional queimada preséntanse como outra das experiencias que poderán vivir quen visite Terras de Santiago para desfrutar da auga.
María Vázquez, candidata ao premio Goya como actriz protagonista polo seu papel en ‘Matria’, asistiu a presentación desta iniciativa en Fitur. A actriz galega colaborou na gravación do vídeo e puxo a voz en off para esta campaña. Guarina Rey agradeceulle a súa participación e amosou a súa confianza en que poida gañar tanto o Premio Feroz como o Premio Goya para os que está nominada a actriz viguesa.
A presidenta do GDR animou a todas lembrou que o Xeodestino Terras de Santiago é un territorio cheo de recursos e con atractivos suficientes para ofrecer un produtos turístico sustentable e de calidade que axude a dinamizar o rural. “Apostamos pola natureza e as experiencias para atraer visitantes” que valoren a autenticidade e a nosa hospitalidade. “Se nos visitades, ídemos sorprender tamén coa nosa gastronomía e as nosas tradicións”, dixo Guarina Rey, facendo especial alusión aos Xenerais da Ulla e a Festa da Filloa de Lestedo. A exaltación gastronómica de Boqueixón conta co apoio do GDR para ser declarada Festa de interese turístico nacional.
Un reloxo que funciona con auga e filloas de Lestedo foron os agasallos cos que o GDR e a Asociación Cultural Filloa de Lestedo quixeron sorprender ás persoas presentes. “Se vides a visitar Terras de Santiago tamén vos sorprenderemos coas nosas propostas e a nosa hospitalidade”, Rematou Guarina Rey.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)