Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today11 julio, 2024
O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, tacha de “radical e triste” ao BNG, por negarse a colocar unhas pantallas xigantes na praza Roxa, este domingo, día 14, para poder compartir e desfrutar coa veciñanza de Compostela a final da Eurocopa 2024 da Selección Española de Fútbol.
“Todos sabiamos que en Santiago hai unha alcaldesa “independentista” e, polo tanto, non lle gusta a Selección Española, o que non coñeciamos é que podía ser, aínda, máis radical que Bildu, que goberna en Pamplona e si vai poñer pantallas xigantes”, subliñou.
Para o popular, “son tan previsibles, o BNG, a alcaldesa, son tan tristes, que representan, incluso sendo independentistas, a ese independentismo en branco e negro, en analóxico” e recordou que o PP de Santiago xa pedira, hai un ano, que “se pusexen pantallas para a final da Selección feminina e tampouco quixeron, púidolles máis o antiEspaña que o propio feminismo”.
Así mesmo, aclarou que as desculpas de que “non teñen tempo” e que dita actuación “ten un custe público” son, simplemente, exemplos de desleixo, falta de interese e poucas ganas de traballar, ademais, lembrou que “cunha mensualidade, non un salario, cunha soa mensualidade de calquera deses 30 asesores, altos cargos e amigos, con eses soldazos, teriamos esas pantallas na praza Roxa”.
Verea remarcou que “teñen 6 concelleiros de 25 e seguen empeñados, día a día, en demostrar que non están, nin sequera, á altura deses 6 concelleiros, xa non digo nada á altura dunha cidade como Santiago ou á dos cidadáns de Compostela”.
“Nós, explicou, o que queríamos era converter o domingo pola tarde, a final da Eurocopa, nunha festa de todos na praza Roxa, con música e con pantallas xigantes, porque isto tamén é construír cidade, isto tamén é construír recordos colectivos, eu lembro vivir o ascenso da SD Compostela, hai 30 anos, nunhas pantallas xigantes”.
Borja Verea insistiu en que “estou seguro de que moita xente nova, moita rapazada, moitas familias achegaríanse á praza Roxa a pasalo ben, a vivir un momento de alegría e, como dicía, a construír un deses recordos colectivos”.
Escrito por Líder Redacción
compostela eurocopa politica radio lider santiago santiago seleccion
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)