Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Nesta mañá de venres produciuse un accidente de tráfico no concello de O Pino. Sobre as 9:45 horas, os servizos de emerxencia do 112 Galicia recibiron a alerta dun vehículo fóra da estrada no lugar de Samil, na parroquia de Arca.
Segundo información do 112, o condutor, único ocupante do coche, atopábase consciente e accesible no momento da atención. Con todo, presentaba feridas na cara e queixas de dor no peito como consecuencia do impacto.
Ao lugar acudiron unha ambulancia do 061 e efectivos da Garda Civil de Tráfico para atender ao afectado e coordinar as labores de auxilio. As causas do accidente están sendo investigadas.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)