AD

Destacado

Un home tirado na estrada xunto a unha xiringa: a imaxe da droga en Laraño

today19 octubre, 2026

Fondo
share close
AD

A veciñanza de Laraño denuncia a presenza dun home tirado na estrada xunto a unha xiringa en Pardiñas de Abaixo

A Asociación de Veciños de Laraño alerta do agravamento da situación nunha zona na que xa denunciara a presunta venda de drogas. Esta fin de semana, un home apareceu tendido na estrada, a carón dunha xiringa.

A Asociación de Veciños de Laraño volve denunciar publicamente a preocupante situación que, segundo asegura, se está a vivir en Pardiñas de Abaixo, en Santiago de Compostela, pola presunta actividade de venda e consumo de drogas nas inmediacións dunha vivenda da zona.

O colectivo veciñal sinala que a suposta venda de substancias estupefacientes, xa denunciada con anterioridade pola asociación, se reactivou hai tempo e que agora tamén se estarían producindo episodios de consumo nas proximidades.

O último episodio denunciado produciuse esta pasada fin de semana, cando un home foi visto tirado na estrada, a carón dunha xiringa. Unha escena que a asociación considera especialmente preocupante e que reflicte o malestar da veciñanza ante unha situación que asegura que se prolonga no tempo.

Desde a Asociación de Veciños de Laraño lamentan que os residentes teñan que presenciar este tipo de imaxes nas inmediacións das súas vivendas, nun espazo público utilizado habitualmente polos habitantes da zona.

A entidade volve dar a voz de alarma ante esta problemática e reclama que se preste atención ao que está acontecendo en Pardiñas de Abaixo, co obxectivo de garantir a seguridade, a convivencia e a tranquilidade dos veciños.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *