AD

Comarca

As subvencións deportivas da Estrada chegarán a 26 clubs, oito deportistas e 14 eventos

today19 octubre, 2026

Fondo
share close
AD

As achegas beneficiarán a 26 entidades e oito deportistas individuais, ademais de apoiar a celebración de 14 competicións e actividades no municipio

A Estrada, 19 de outubro de 2026.— A Xunta de Goberno Local da Estrada aprobou este luns a distribución de 204.100 euros en subvencións deportivas. As axudas destínanse a apoiar a actividade de clubs e agrupacións sen ánimo de lucro, deportistas federados e a organización de competicións e eventos no municipio.

Un total de 26 entidades deportivas recibirán 100.000 euros, repartidos de acordo cos criterios de valoración establecidos nas bases da convocatoria. A esta cantidade súmanse outros 4.100 euros para oito deportistas individuais.

Os clubs beneficiarios son Figueroa Estrada Pádel, ACD Veteranos Berres, Atletismo A Estrada, Estrada Futsal, Sport Team Estrada, CD Estradense, Carracedo Competición, CBD Sondodance, Asociación Sincroburbullas, Vea CF, Club Bádminton A Estrada, Escola Estrada Fútbol Base, Estrada Fútbol Sala Feminino, Peña Ciclista Bikestrada, Club RC A Estrada, Escudería San Paio, A Estrada Basket, Club Ximnasia Estrada, CAI A Estrada, CNS A Estrada, A Cambadela Loita, Club Ciclista Estradense, Club de Tenis RC, Club Tenis de Mesa RC, Club Budoyama Karate e Judo Club Base.

A segunda liña de subvencións, dotada con 100.000 euros, permitirá apoiar 14 competicións e eventos deportivos celebrados neste ano. As citas beneficiarias son AE League, Open Pesca Mosca, Raid Hípico do Salmón, VII Torneo de Verán, Carreira da Sidra, Torneo Benxamín, Torneo Alevín, Campionato RC 1/8, Campionato Galego de Bádminton, Open Bandeiras Socorrismo, Triangular Concello da Estrada, Torneo de Nadal de baloncesto, Gala Kyus de Judo Base e Torneo de Pádel.

O Concello notificará a resolución ás persoas e entidades solicitantes nos vindeiros días. Desde a recepción da comunicación, disporán de dez días hábiles para presentar a documentación necesaria para o pagamento das subvencións.

Na mesma sesión, a Xunta de Goberno Local aprobou tamén o cuarto e último pagamento das axudas de comedor escolar correspondentes ao curso 2025-2026, do que se beneficiarán 48 familias.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *