AD

Actualidad

Verea aplaude as 400 vivendas públicas e a gratuidade das escolas infantís como exemplo “do Santiago que quero”

today20 octubre, 2026

Fondo
share close
AD

• O líder do PP de Santiago defende unha cidade na que os mozos poidan quedar a vivir, as familias teñan máis facilidades e o talento se transforme en emprego e oportunidades
• Destaca a fábrica europea de intelixencia artificial como unha oportunidade para consolidar Santiago como referente tecnolóxico e crear emprego de calidade

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, puxo en valor as máis de 400 vivendas de promoción pública que impulsa a Xunta de Galicia na cidade e a gratuidade das escolas infantís, da que se benefician preto de 2.000 nenos e nenas composteláns, como dous exemplos concretos “do Santiago que quero: unha cidade na que formar unha familia, atopar unha vivenda e construír un futuro non sexa unha carreira de obstáculos”.

Verea sinalou que “o importante non é falar de millóns de euros, senón do que eses investimentos significan para a vida das persoas. Que unha parella nova poida acceder a unha vivenda, que unha familia non teña que pagar pola escola infantil dos seus fillos . ou que un mozo atope un bo emprego sen ter que marchar da súa cidadeEse é o Santiago polo que quero traballar”.

En materia de vivenda, o líder popular destacou a necesidade de seguir incrementando a oferta para facilitar o acceso a un fogar, especialmente entre os mozos e as familias. “Santiago non pode resignarse a que os seus fillos teñan que marchar porque non atopan onde vivir. Temos que ser capaces de ofrecerlles oportunidades para quedar, para independizarse e para desenvolver aquí o seu proxecto de vida”, afirmou.

Neste sentido, tamén puxo en valor a gratuidade das escolas infantís como unha medida que facilita a conciliación e alivia a economía familiar. “Quero unha cidade que acompañe ás familias, que lles poña as cousas fáciles e que entenda que apoiar a quen decide ter fillos é tamén apostar polo futuro de Santiago”, sinalou.

Unha cidade que transforme o talento en oportunidades
Verea destacou tamén o potencial da fábrica europea de intelixencia artificial e do novo CESGA para impulsar a actividade económica e o emprego cualificado na cidade.

“Temos unha universidade de referencia, investigadores extraordinarios e un enorme talento que non sempre somos capaces de reter. Temos que aproveitar todo ese potencial, atraer empresas e investimentos e ofrecer aos nosos mozos oportunidades profesionais sen ter que marchar”, explicou.

O líder popular insistiu en que Santiago debe aspirar a consolidarse como unha cidade de referencia en innovación e novas tecnoloxías, aproveitando a súa condición de capital universitaria e científica.

Verea tamén se referiu aos investimentos previstos en educación e sanidade, como a ampliación do CEIP Cardeal Quiroga Palacios, a reforma do CEE A Barcia, a mellora das urxencias do Hospital Clínico e a posta en funcionamento do Centro de Protonterapia de Galicia.

“Queremos que os nosos fillos estuden nas mellores condicións, que as familias conten con bos servizos públicos e que as persoas maiores reciban a atención que necesitan. Unha cidade que coide das persoas en todas as etapas da súa vida”, sinalou.

Finalmente, Verea destacou que o financiamento autonómico da capitalidade se incrementou un 30 % no que vai de lexislatura, fronte ao 14,3 % de crecemento do orzamento global da Xunta, e defendeu a necesidade de que Santiago conte cos recursos necesarios para exercer plenamente a súa condición de capital de Galicia.

“Santiago ten todo para ser unha cidade de referencia. Temos talento, temos potencial e temos oportunidades. O que necesitamos é ambición, capacidade de xestión e un proxecto que permita aproveitar todo iso para mellorar a vida dos composteláns”, concluíu.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *