AD

Actualidad

Verea: “En democracia son os cidadáns os que deciden quen defende mellor os seus intereses”

today11 enero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

  • Verea felicitou a Aitor Bouza por representar aos composteláns nas listas autonómicas e agradeceu a Noa Díaz “estes catros anos que compartimos en sede parlamentaria”.

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, felicitou hoxe a Aitor Bouza por representar aos composteláns nas listas autonómicas. “Sempre é unha boa nova que no Parlamento de Galicia haxa moitas voces que defendan os intereses de Santiago”, manifestou ao tempo que agradeceu “o traballo de Noa Díaz estes catro anos que compartimos en sede parlamentaria”.

En canto ás declaracións de Bouza sobre quen defende mellor ou peor Compostela, Verea salientou que “iso é algo que en democracia deciden os cidadáns e no meu caso determinárono case 20.000 composteláns, que representan 11 concelleiros, o dobre dos que teñen o PSOE e o BNG”. Así, engadiu, “se no ano 2027, cando Bouza sexa candidato á Alcaldía, ten eses resultados, eu serei o primeiro en felicitalo e deixalo gobernar”.

E é que “hai que lembrar que Xerardo Estévez foi alcalde con 10 concelleiros, Martiño Noriega foi alcalde con 10 concelleiros e Sánchez Bugallo foi alcalde con 10 concelleiros”, sinalou Verea, “eu con 11 concelleiros teño o meu goberno bloqueado polo BNG, PSOE e CA”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%