AD

Actualidad

Verea, sobre os resultados do 9X en Santiago: «O PP está cada día máis forte e rondando a maioría absoluta»

today10 junio, 2024

Fondo
share close
AD

Borja Verea participaba este luns en Radio Líder Santiago onde fixo un balance positivo dos resultados que deixan as elección europeas en Santiago de Compostela. «O PP gañou as eleccións con moita diferenza», afirma. Ademais asegura que «o PP está moi forte en Santiago» e ainda que recoñece que «as eleccións non son extrapolables», os populares estarían rondando a maioría absoluta na capital galega, xa que «seguimos medrando día a día e mes a mes», e confesa que «o meu único obxectivo é ser alcalde de Santiago e penso que vamos no bo camiño».

Tamén asegura que o PP nacional, con Feijóo á cabeza «está máis forte hoxe ca onte». No caso concreto da conformación do parlamento europeo tras os comicios do domingo, califica como «mala noticia» o ascenso da ultradereita en Europa, algo que «en Galicia e Santiago estamos blindados a este tipo de mensaxes radicais».

Co 100% dos votos escrutados, o Partido Popular (PP) consolidouse onte como a forza máis votada nas eleccións europeas celebradas este domingo en Santiago de Compostela, obtendo o 40,83% dos votos, o que se traduce en 17.903 sufraxios.

O Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) ocupou a segunda posición co 24,52% dos votos, recibindo un total de 10.752 apoios na capital galega.

A coalición Agora Repúblicas, na que se integra o Bloque Nacionalista Galego (BNG), logrou o 21,21% dos votos, alcanzando un total de 9.302 sufraxios.

O partido de ultradereita Vox conseguiu un 3,21% dos votos en Santiago de Compostela, sumando 1.408 votos. Por detrás del, Podemos obtivo un 3% dos votos, correspondente a 1.321 apoios, mentres que Sumar alcanzou o 2,56% cun total de 1.124 votos. O partido Se Acabó la Fiesta pecha o reconto con 679 votos, o que representa o 1,54% dos votos emitidos.

A participación no municipio compostelán foi do 55,3%, reflexando unha implicación notable por parte dos composteláns nestes comicios europeos.

A entrevista completa, no seguinte enlace.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%