Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today19 febrero, 2024
Borja Verea, presidente do PP de Santiago e número 4 na candidatura dos populares pola provincia de A Coruña, participaba este luns en Radio Líder Santiago para facer unha valoración das eleccións ao Parlamento galego celebradas este domingo e onde Alfonso Rueda conseguía unha nova maioria absoluta.
Para o líder dos populares en Compostela a do 18F foi unha «enorme vitora do PPdeG», polo que «temos garantidos catro anos de futuro, estabilidade e solucións».
Asegura que, para o BNG, Santiago era unha das súas apostas para convertir a cidade no seu feudo, pero «os composteláns falaron ben claro», e engade que é precisamente na capital galega onde o PP tivo o segundo mellor resultado. E por iso que confía en que «temos que seguir traballando nesa liña».
No seu análise postelectoral, explica que o PSOE en Santiago tivo «o peor resultado de todas as cidades galegas», e engade que o partido socialista «acaba de pagar moi caro nas urnas o apoio que están manifestando a Goretti Sanmartín. Os votantes socialistas de Santiago están dicindo claramente que non queren unha alcaldesa nacionalista.
Entrevista completa no seguinte enlace:
Escrito por Líder Redacción
borja verea Eleccions galicia pp radio lider santiago santiago
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)