Boiro contará cun parque de psicomotricidade na Praza de Galicia
Boiro, 23 de setembro de 2026-. O Concello de Boiro vén de adxudicar, por un importe de 18.064,09 euros, os traballos para a creación dunha zona de psicomotricidade no parque infantil da Praza de Galicia. A actuación ten como obxectivo dotar este espazo público dun novo equipamento orientado á actividade física, ao xogo e ao desenvolvemento da psicomotricidade, diversificando e ampliando os usos do parque máis concorrido do termo municipal a distintas idades. Trátase dun espazo que contará con areeiro, […]