Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Boiro, 23 de setembro de 2026-. O Concello de Boiro vén de adxudicar, por un importe de 18.064,09 euros, os traballos para a creación dunha zona de psicomotricidade no parque infantil da Praza de Galicia.
A actuación ten como obxectivo dotar este espazo público dun novo equipamento orientado á actividade física, ao xogo e ao desenvolvemento da psicomotricidade, diversificando e ampliando os usos do parque máis concorrido do termo municipal a distintas idades.
Trátase dun espazo que contará con areeiro, paneis lúdicos, mesa de xogo, raiola, pavimento de seguridade e valado perimetral especialmente deseñado para favorecer que os nenos e nenas de menor desenvolvan actividades físicas, cognitivas e emocionais.
Con esta actuación o Concello de Boiro continúa a súa aposta pola mellora dos espazos públicos e a incorporación de novos equipamentos destinados ao lecer activo, promovendo espazos para os mais cativos que favorezan o xogo e tamén a actividade física.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)