Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today17 enero, 2024
16-01-2024. Rois. O Concello de Rois convoca un concurso de carteis, dirixido ao alumnado dos centros educativos do municipio, centrado na conmemoración do Día da Muller o vindeiro 8 de marzo. Os traballos poderán entregarse ata o día 23 de febreiro e establécense un total de dous premios por cada unha das nove categorías.
Pensando na conmemoración do Día Internacional da Muller, o Concello de Rois convoca un ano máis un concurso de carteis para as nenas e nenos escolarizados no municipio. Os carteis, que deberán ser orixinais e inéditos, poderán facerse tanto de xeito individual como colectivo e terán como temática os dereitos da nena e da muller, a igualdade e/ou erradicación de todas as formas de discriminación por cuestión de xénero.
Os traballos recolleranse nos centros escolares o 23 de febreiro. Con técnica libre (ilustración, fotografía, collage, etc.) deberán realizarse en tamaño DIN A3 ou DIN A4 de levarán obrigatoriamente un lema ou texto curto en galego.
A cativada participante entregará o traballo no seu centro escolar, acompañado da folla de inscrición debidamente cuberta. Recibirán un premio os dous mellores carteis de cada unha das nove categorías, establecidas por idades: 1º a 3º de educación infantil, 4º de infantil, 5º de infantil, 6º de infantil, 1º e 2º de educación primaria, 3º e 4º de primaria, 5º e 6º de primaria, 1º e 2º de ESO, 3º e 4º de ESO.
O Concello utilizará os carteis premiados para anunciar os distintos actos municipais programados co gallo do Día da Muller.
As bases e o formulario de inscrición pódense descargar na web do Concello de Rois.
Escrito por Líder Redacción
Radio Líder Santiago te ofrece una cuidada selección musical donde suenan los grandes clásicos que forman parte de nuestra vida, junto a una selección con las novedades más interesantes.
closeCopyright © 2023 Radio Líder Santiago de Compostela - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)