Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today6 febrero, 2024
Teo (A Coruña), 6 de febreiro de 2024.- O Concello de Teo completa a cobertura de todas as prazas sanitarias dos seus centros de saúde, ao incorporarse este mes de marzo a nova pediatra de atención primaria no Centro de Saúde de Cacheiras, reforzando así o servizo no municipio na quenda de tarde de forma permanente.
Trátase da cobertura de praza por concurso de méritos que levou a cabo o Servizo Galego de Saúde, coa finalidade de diminuír o déficit de persoal sanitario de diversas especialidades. Neste senso, cabe sinalar que a dita praza estaba sendo cuberta desde o pasado mes de novembro por un pediatra interino, logo da baixa da anterior profesional.
Ademais, cabe destacar tamén que a comezos deste mes se cubriu tamén a praza que estaba vacante de medicina de familia no centro de Cacheiras, tamén por concurso de méritos. Así, con estas novas dúas incorporacións, a asistencia sanitaria de Teo contará a partir de marzo co seu cadro de persoal completo: nove médicos de familia, dous pediatras, dez enfermeiras e unha matrona.
Este cadro de persoal ten previsión de aumentarse cando se complete o novo centro de saúde proxectado para a zona da Ramallosa, que permitirá prestar servizos bucodentais no termo municipal de Teo, con espazo para incorporar un odontólogo e un hixienista dental, así como persoal de farmacia ou de enfermaría especialista en pediatría. Este novo centro foi acordado mediante convenio entre Concello e Xunta o pasado marzo e, neste momento, ambas administracións están completando os trámites para a cesión da parcela á Xunta e a licitación do proxecto arquitectónico do novo edificio.
Escrito por Líder Redacción
Radio Líder Santiago te ofrece una cuidada selección musical donde suenan los grandes clásicos que forman parte de nuestra vida, junto a una selección con las novedades más interesantes.
closeCopyright © 2023 Radio Líder Santiago de Compostela - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)