AD

Sin Categoría

O PP de Santiago pídelle ao BNG que “planifique ben as obras e deixe de tirar os cartos dos santiagueses”

today22 septiembre, 2025

Fondo
share close
AD

Adrián Villa denunciou a “chambonada que fixeron os nacionalistas co asfaltado da rúa da Estrada e os traballos surrealistas na rúa do Restollal, vía que se pintou no mes de xullo e, posteriormente, foi asfaltada no seu treito superior neste mes de setembro, tendo que volver a pintala”.

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, solicitoulle, unha vez máis, ao goberno nacionalista que proceda a “planificar mellor as obras, co fin de evitar tirar os cartos da veciñanza santiaguesa en actuacións que non son definitivas e que, ademais, non melloran o estado das rúas da cidade”.

“Os nacionalistas non planifican absolutamente nada -destacou o edil popular-, viven instalados na improvisación, proba disto son as actuacións no barrio do Castiñeiriño, onde levaron a cabo unha verdadeira “chambonada”, asfaltando a rúa da Estrada e cos “traballos surrealistas” na rúa do Restollal, vía que se pintou no mes de xullo e, posteriormente, foi asfaltada no seu treito superior neste mes de setembro, tendo que volver a pintala”.

No referente á rúa da Estrada, Adrián Villa denunciou a pésima actuación feita, xa que tiña falta de asfaltar e “o único que fixeron foi remendala de forma pésima, posto que só taparon as fochancas de maior tamaño, pero deixaron outras sen cubrir e, agora, a rúa asemella un xadrez”.

“Así mesmo, nesta localización -agregou o popular-, levan xa dúas semanas agardando que se pinte a rúa e, sobre todo e o máis importante, o paso de peóns do cruce, un lugar especialmente sensible, xa que meses atrás produciuse un importante atropelo, porque é un cruce moi transitado tanto por vehículos, como peóns”.

Escrito por Líder Redacción

Publicaciones similares

Sin Categoría

Os municipios de Boiro e Elciego oficializan o seu irmandamento

O goberno local propón para o seu debate a aprobación no Pleno do vindeiro xoves o irmandamento co municipio de Elciego. Unha proposta que nace do interese de ambos os dous concellos de formalizar as canles de cooperación entre administracións e veciñanza. Os irmandamentos entre municipios constitúen unha ferramenta de […]

today22 julio, 2026

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *