AD

Comarca

Arzúa convoca axudas para a celebración de festas parroquiais no municipio

today14 agosto, 2026

Fondo
share close
AD

Arzúa, 14 de agosto de 2026. O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que o Goberno Local deste Concello aprobou as bases reguladoras das axudas a entidades sen ánimo de lucro para a celebración das festas parroquiais que ascenden a 18.900 euros. O importe de cada subvención será de 900 euros por anualidade e parroquia.

Poden optar a elas as entidades sen ánimo de lucro que estean debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e Entidades do Concello de Arzúa. O extracto da convocatoria saíu publicado no BOP número 154 do 14 de agosto.

Dende o Concello de Arzúa preténdese apoiar e incentivar a realización de actividades culturais e artísticas vinculadas á cultura popular e tradicional, sendo clave as festas parroquiais. Procede polo tanto fomentar e incentivar a celebración das mesmas, e para isto o Concello de Arzúa colabora economicamente coas diferentes entidades organizadoras.

As solicitudes deberanse presentar obrigatoriamente a través da sede electrónica do Concello. O prazo para presentar as solicitudes estará aberto do 17 de agosto ao 11 de setembro.

Tanto as bases da convocatoria como os formularios necesarios para a solicitude están a disposición das entidades interesadas na páxina web www.arzua.gal e na Oficina de Cultura e Deportes do Concello de Arzúa.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *