AD

Comarca

A campaña Bonos Padrón inicia a súa primeira edición con alta resposta do comercio local

today17 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD

• Os establecementos poden inscribirse ata o 25 de novembro
• Os comercios, locais de hostalería e aloxamentos poden sumarse a través da web bonospadron.gal
• O material promocional xa está dispoñible na Oficina de Turismo

Padrón. 17-11-2025.- O Concello de Padrón mantén aberto o proceso de adhesión dos establecementos interesados en participar na primeira edición da campaña Bonos Padrón. Padrón ten o que precisas, unha iniciativa do goberno municipal destinada a incentivar as compras e o consumo nos negocios locais durante o mes de decembro.

Desde a posta en marcha do formulario de rexistro, a resposta do tecido comercial, de hostalería e hospedaxe está a ser moi positiva, con numerosos locais incorporados nas primeiras xornadas e múltiples consultas doutras empresas interesadas en participar. Esta acollida confirma o potencial da campaña como ferramenta de dinamización económica.

O prazo de adhesión permanece aberto ata o martes 25 de novembro a través da web bonospadron.gal, onde se poden consultar tamén as condicións e bases completas. Poden participar todos os negocios con actividade no municipio, agás supermercados, grandes superficies e venda ambulante.

Co obxectivo de reforzar a visibilidade da acción, o Concello pon á disposición dos locais participantes o material promocional oficial, xa dispoñible para a súa retirada na Oficina de Turismo. Inclúe carteis, distintivos e outros elementos identificativos.

Detalles da campaña

A iniciativa conta cun investimento de 20.000 euros de fondos propios do Concello, e contempla a distribución de 2.000 bonos de 10 euros, aplicables a compras iguais ou superiores a 20 euros realizadas entre o 1 e o 31 de decembro nos establecementos adheridos. A entrega dos bonos será presencial a partir do 1 de decembro, cun período inicial reservado ás persoas empadroadas en Padrón.

Os bonos deberán empregarse nun único establecemento e non se trocarán por efectivo. Nos casos de devolución, deberá emitirse un vale polo importe total da compra. Os negocios adheridos presentarán os bonos e os correspondentes tíckets entre o 1 e o 16 de xaneiro de 2026 para recibir o reembolso municipal.
O Concello anima a todo o tecido comercial a sumarse e aproveitar esta oportunidade de impulso económico, especialmente nun dos períodos de maior actividade do ano.

Escrito por Líder Redacción

Publicaciones similares

Comarca

Ames aproba por unanimidade o Plan Municipal de Emerxencia ante situacións de seca

Ademais, aprobouse de xeito inicial a modificación da ordenanza reguladora da taxa por prestación do servizo de recollida, transporte e tratamento de residuos; e dúas mocións presentadas polos grupos políticos municipais do Partido Popular e BNG.  Ames, 26 de xuño de 2026.- A Corporación municipal aprobou por unanimidade o Plan […]

today26 junio, 2026

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *