Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today4 junio, 2026
4 de xuño de 2026.- O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre, en colaboración co Concello de Brión, convoca unha nova edición dos cursos de piragüismo, dirixidos a persoas maiores de 8 anos e que terán lugar durante os meses de xullo e agosto nas instalacións municipais de Ponte Insúa (parroquia de Ons).
As clases terán lugar nos meses de xullo e agosto, divididos en varias categorías de idade nas tardes dos venres, en horario de 18:00 a 20:00 horas. As persoas participantes repartiranse en grupos de acordo á súa idade: xuvenil, cadete, infantil, alevín e benxamín. Ademais, ofrecerase tamén a posibilidade de continuar os sábados entre febreiro e maio, en horario de 11:00 a 12:00 horas.
Para participar non é preciso ter coñecementos previos deste deporte, tan só é obrigatorio saber nadar e facer unha ficha federativa coa inscrición. De feito, a cota de inscrición é, precisamente, o pago da correspondente licenza federativa, segundo a idade do participante. As inscricións poden formalizarse na Casa da Cultura de Brión ou no teléfono 981 88 70 08
Escrito por Líder Redacción
brion Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre cursos piragüismo



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)