Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O Concello do Pino estará representado por tres deportistas no Campionato Provincial de Bádminton do programa XOGADE, que se celebrará este sábado, 6 de xuño, no pavillón municipal de Outes.
A competición reunirá aos mellores xogadores e xogadoras das diferentes fases intercomarcais da provincia, converténdose na cita máis importante do calendario escolar desta disciplina.
Os representantes do Pino serán Enzo Rial Buján, na categoría benxamín masculina; Mario Rey Loures, en alevín masculino; e Valentina Mayer González, en alevín feminino. Os tres conseguiron a súa clasificación grazas aos resultados obtidos ao longo da tempada nas probas previas do programa de deporte escolar.
A presenza destes tres deportistas na fase provincial supón un novo éxito para as Escolas Deportivas Municipais do Pino, que continúan promovendo a práctica do bádminton entre a mocidade do municipio.
Desde o Concello destacan que alcanzar esta fase «xa é un premio ao esforzo e ao traballo realizado durante toda a tempada», ao tempo que lles trasladan os seus mellores desexos para a competición. O obxectivo, sinalan, é gozar da experiencia, seguir aprendendo e continuar medrando a través do deporte.
O campionato desenvolverase ao longo da xornada do sábado en Outes e reunirá aos mellores talentos do bádminton escolar da provincia.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)