AD

Actualidad

Adrián Villa denuncia a “pasividade” do BNG e CA ante “a grave situación» do Refuxio de Bando

today8 junio, 2026

Fondo
share close
AD

·        Adrián Villa criticou que “a presidenta do Padroado, Goretti Sanmartín, leve anos mirando para outro lado, mentres se acumulan denuncias por saturación, problemas de seguridade, falta de persoal e carencias nas instalacións”.

·        “O benestar animal e a seguridade dos traballadores non poden seguir sendo vítimas da inacción do goberno de BNG e CA. Non imos consentir que Goretti Sanmartín continúe xogando cun asunto tan sensible para a cidade”, indicou.

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, denunciou hoxe a “total e absoluta pasividade” do goberno do BNG e CA ante “a grave situación que continúa vivindo o Refuxio de Animais de Bando, un problema que se arrastra dende o ano 2023, sen que se teñan adoptado medidas para resolvelo”.

Villa criticou que “a presidenta do Padroado, Goretti Sanmartín, leve anos mirando para outro lado, mentres se acumulan denuncias por saturación, problemas de seguridade, falta de persoal e carencias nas instalacións”.

Anunciou que, ante isto, o Partido Popular de Santiago solicitará, formalmente e por escrito, a convocatoria urxente do Padroado de Bando, para aclarar os motivos da suspensión do proceso de selección da dirección, coñecer a situación actual do centro en canto a número de animais e persoal, cubrir a vacante existente no órgano de goberno coa incorporación da asociación de voluntariado e obter información sobre os prazos de execución dos investimentos comprometidos”.

O popular sinalou que “a cronoloxía dos últimos anos, a situación desta instalación é insostible: a saturación denunciada en agosto de 2023; as queixas dos traballadores polas condicións de hixiene e seguridade; as reclamacións de máis recursos económicos; as denuncias públicas do voluntariado; os balances con cifras récord de entradas de animais; os avisos sindicais sobre incumprimentos en materia de seguridade ou os episodios relacionados con cans potencialmente perigosos”.

O concelleiro popular preguntouse :“Que máis ten que pasar para que o goberno nacionalista actúe?. É especialmente preocupante que, malia todas estas advertencias, o refuxio continúe saturado, co mesmo número de operarios e sen que se executasen as melloras e investimentos comprometidos”.

Villa denunciou tamén “a falta de transparencia arredor do proceso de selección da dirección do refuxio, xa que despois da finalización do contrato de dirección a finais de abril, a responsabilidade recae actualmente sobre o concelleiro de Benestar Animal por designación de Goretti Sanmartín”.

“O proceso de selección, -dixo- iniciado oficialmente no mes de marzo, foi suspendido o pasado 17 de abril sen que os membros do Padroado recibisen explicación algunha sobre os motivos da paralización nin sobre os prazos previstos para a súa reactivación; e o máis grave é que, dende a reunión do Padroado, celebrada o pasado 30 de marzo non volvemos ter ningunha información oficial sobre a situación actual do refuxio”.

Adrián Villa tamén puxo o foco na situación de dous cans, Krenchy e Kaiser, cuxos informes técnicos recomendaban procesos de rehabilitación específicos que, segundo os propios documentos, non podían desenvolverse adecuadamente nas actuais condicións de Bando debido á saturación das instalacións e á falta de persoal especializado.

Finalmente, indicou que “o benestar animal e a seguridade dos traballadores non poden seguir sendo vítimas da inacción do goberno de BNG e CA. Non imos consentir que Goretti Sanmartín continúe xogando cun asunto tan sensible para a cidade”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *