Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Centos de persoas achegáronse este mércores, 22 de xullo, á área recreativa de Castrofeito, no concello do Pino, para participar un ano máis na tradicional Festa da Madalena, coincidindo co festivo local.
A xornada relixiosa comezou coa recepción do funcionista xunto ao cruceiro, seguida da misa solemne e da tradicional procesión na honra da santa, acompañada musicalmente pola Charanga Os Celtas.
Un dos momentos máis emotivos foi o relevo na custodia da imaxe da Madalena. A familia Bello, encargada de gardala durante o último ano, cedeu este privilexio á familia Recaredo de la Hoz e a Carlos Lemos, tamén veciños de Castrofeito, que a custodiarán ata a celebración do vindeiro ano.
Tras a sesión vermú amenizada polo grupo Alaska, os asistentes compartiron o tradicional xantar popular na carballeira e nos seus arredores, nun ambiente de convivencia e celebración.
A programación festiva continúa durante a tarde coa actuación dun DJ e rematará coa verbena, na que actuarán os grupos Ráfaga e Alaska, poñendo o broche final a unha das citas máis emblemáticas do calendario festivo do Pino.
Escrito por Líder Redacción




2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)