Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today23 junio, 2026
Teo, 23 de xuño de 2026.- A alcaldesa do Concello de Teo, Lucía Calvo de la Uz, solicitoulle ao director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, unha valoración de danos da área arqueolóxica do Monte Piquiño, tras ser afectada polo paso do incendio forestal orixinado na parroquia padronesa de Herbón.
Neste senso, técnicos da Xunta, da Deputación da Coruña e do Concello supervisaron onte a zona afectada, un terzo da área prehistórica, que inclúe tamén a famosa Ruta dos Petróglifos. De feito, o propio Concello emitiu un comunicado indicando que esta ruta quedaba pechada aos visitantes, por perigos que poida haber no terreo, ata que sexa reacondicionada e se poida transitar con todas as garantías de seguridade.
Tras analizar os danos, o Goberno autonómico emitirá un informe de danos e, por conseguinte, as medidas a levar a cabo para a súa recuperación. Cabe lembrar que nesta necrópole megalítica, de 40 hectáreas de superficie, están catalogadas 33 mámoas e 11 petróglifos. Falamos dunha das áreas arqueolóxicas máis importantes de Galicia e, sen dúbida, a máis importante da comarca de Compostela.
A rexedora municipal pediu celeridade na análise para poder empezar canto antes cos traballos de rehabilitación, pois ademais dos danos no patrimonio arqueolóxico, tamén foron afectados os paneis informativos existentes na zona e na propia ruta homologada. Do mesmo xeito, Calvo de la Uz agradeceu a rapidez da Xunta de Galicia en atender a súa petición e reivindicou a necesaria colaboración entre administracións para salvagardar o patrimonio.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)