Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today24 junio, 2026
Radio Líder Santiago emitirá un programa especial en directo desde Boiro para achegar aos oíntes todos os detalles das Festas do Verán 2026, que se celebrarán entre os días 3 e 8 de xullo cun amplo programa de actividades culturais, tradicionais e musicais pensadas para todos os públicos.
O especial, conducido por Álvaro Veiga, emitirase en directo de 10.00 a 13.00 horas dende a Rúa Doutor Santos Mieites, preto do Mercado Municipal, e contará coa participación de representantes do Concello de Boiro, membros da corporación municipal, responsables do comercio local, asociacións culturais e outros protagonistas da vida social, económica e cultural do municipio.
Ao longo da emisión repasaranse os principais actos dun programa festivo que dará comezo o venres 3 de xullo co pregón dedicado ao comercio tradicional boirense, ademais das actuacións das orquestras Suavecito e Capitol, Curi e Sound Ivan e o Remember Fest organizado por Peñas Boiro AC no Parque da Cachada.
O sábado 4 de xullo celebrarase a tradicional Festa da Malla, acompañada de música e baile popular, así como as actuacións de Finisterre Project, Ortiga e o Tributo a Julio Iglesias.
O domingo 5 de xullo será unha das xornadas máis destacadas das festas, con actuacións folclóricas, sesión vermú, o concerto de Balbina coa Banda de Música de Boiro, as actuacións de La Oca Band e La Banda de Ayer e o agardado espectáculo piromusical na Praia de Barraña.
O luns 6 de xullo terá lugar a Festa das Peñas no Parque da Cachada, os tradicionais cantos de taberna, a actuación infantil de Gramola Gominola e as verbenas coas orquestras Gran Parada e Origen.
O martes 7 de xullo a programación incluirá novas actuacións tradicionais, os concertos de Melidaos e Lumieira e as actuacións das orquestras Marbella e París de Noia na Praza de Galicia.
As festas rematarán o mércores 8 de xullo cun gran fin de festa que contará coas actuacións de 9Louro, Satélites, Panorama e América, poñendo o broche de ouro a seis días de celebración.
Durante o programa especial, Radio Líder Santiago dará voz aos diferentes protagonistas implicados na organización e desenvolvemento das festas, abordando a importancia do comercio local, a actividade cultural, a participación veciñal e o impacto económico que este evento ten para o municipio.

PROGRAMA
Venres 3 de xullo
20.30h – pasarrúas coa charanga BB+
21.00h – orquestra Suavecito na Praza de Galicia
22.00h – pregón
22.45h – orquestra Capitol na Praza de Galicia
23.00h – Curi e Sound Ivan na Praza do Centro Social
23.00h – Remember Fest de Peñas Boiro AC no Parque da Cachada
Sábado 4 de xullo
10.00h – alboradas a cargo de Os Pequenos do Barbansa
12.00h – Festa da Malla e baile con Xilbarbeira e Aroña
22.30h – Orquestra Finisterre Project na Praza de Galicia
23.00h – Ortiga na Praza do Centro Social
00.00h – Tributo a Julio Iglesias na Praza de Galicia
Domingo 5 de xullo
10.00h – alboradas con Ar de Loureda
12.00h – baile con Abeloura, Ballet Folclórico Boirense e Abanqueiro
12.00h – pasarrúas coa Banda de Negreira
13.30h – sesión vermú na rúa peonil con D’Crooners
20.30h – Balbina coa Banda de Música de Boiro na Praza do Centro do Centro Social
22.00h – orquestra La Oca Band na Praza de Galicia
00.00h – espectáculo piromusical na Praia de Barraña
00.30h – La Banda de Ayer na Praza de Galicia
Luns 6 de xullo
10.00h – alboradas con Arume
11.00h – Festa das Peñas no Parque da Cachada
12.00h – cantos de taberna con As da Boina e Mar de Cabo
21.00h – Gramola Gominola na Praza do Centro Social
22.00h – orquestra Gran Prada na Praza de Galicia
00.00h – orquestra Origen na Praza de Galicia
Martes 7 de xullo
10.00h – alboradas con Arume
12.00h – cantos de taberna con A Dorniña e Xoaniñas
12.30h – pasarrúas con Treboada
22.00h – orquestra Marbella na Praza de Galicia
23.00h – Melidaos e Lumieira na Praza do Centro Social
00.00h – orquestra Paris de Noia na Praza de Galicia
Mércores 8 de xullo
10.00h – alboradas con Arume
12.00h – cantos de taberna con Nunca e Tarde e Ventos do Mar
13.00h – sesión vermú na rúa peonil con Duendeneta
21.30h – orquestra Satélites na Praza de Galicia
23.00h – 9Louro na Praza da Mancomunidade
00.00h – orquestra Panorama na Praza de Galicia
02.00h – orquestra América na Praza de Galicia
Escrito por Líder Redacción
boiro festas de veran programa especial radio lider santiago



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)