Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today24 junio, 2026
As previsións meteorolóxicas obrigaron a modificar a data do programa especial que Radio Líder Santiago tiña previsto realizar desde Boiro con motivo das Festas do Verán 2026. Debido á choiva anunciada para este venres, o espazo emitirase finalmente o xoves 2 de xullo, mantendo o mesmo horario, de 10.00 a 13.00 horas, e a mesma localización, na Rúa Doutor Santos Mieites, xunto ao Mercado Municipal.
O especial, conducido por Álvaro Veiga, achegará aos oíntes toda a información sobre as Festas do Verán 2026, que se celebrarán entre os días 3 e 8 de xullo cun amplo programa de actividades culturais, tradicionais e musicais para todos os públicos.
Durante a emisión participarán representantes do Concello de Boiro, membros da corporación municipal, responsables do comercio local, asociacións culturais e outros protagonistas da vida social, económica e cultural do municipio.
Ao longo do programa repasaranse os principais actos dunha programación que arrancará o venres 3 de xullo co pregón dedicado ao comercio tradicional boirense, ademais das actuacións das orquestras Suavecito e Capitol, Curi e Sound Ivan e o Remember Fest organizado por Peñas Boiro AC no Parque da Cachada.
O sábado 4 de xullo celebrarase a tradicional Festa da Malla, acompañada de música e baile popular, así como as actuacións de Finisterre Project, Ortiga e o Tributo a Julio Iglesias.
O domingo 5 de xullo será unha das xornadas máis destacadas das festas, con actuacións folclóricas, sesión vermú, o concerto de Balbina coa Banda de Música de Boiro, as actuacións de La Oca Band e La Banda de Ayer e o agardado espectáculo piromusical na Praia de Barraña.
O luns 6 de xullo terá lugar a Festa das Peñas no Parque da Cachada, os tradicionais cantos de taberna, a actuación infantil de Gramola Gominola e as verbenas coas orquestras Gran Parada e Origen.
O martes 7 de xullo a programación incluirá novas actuacións tradicionais, os concertos de Melidaos e Lumieira e as actuacións das orquestras Marbella e París de Noia na Praza de Galicia.
As festas rematarán o mércores 8 de xullo cun gran fin de festa que contará coas actuacións de 9Louro, Satélites, Panorama e América, poñendo o broche de ouro a seis días de celebración.
Durante o programa especial, Radio Líder Santiago dará voz aos diferentes protagonistas implicados na organización e desenvolvemento das festas, abordando a importancia do comercio local, a actividade cultural, a participación veciñal e o impacto económico que este evento ten para o municipio.

PROGRAMA
Venres 3 de xullo
20.30h – pasarrúas coa charanga BB+
21.00h – orquestra Suavecito na Praza de Galicia
22.00h – pregón
22.45h – orquestra Capitol na Praza de Galicia
23.00h – Curi e Sound Ivan na Praza do Centro Social
23.00h – Remember Fest de Peñas Boiro AC no Parque da Cachada
Sábado 4 de xullo
10.00h – alboradas a cargo de Os Pequenos do Barbansa
12.00h – Festa da Malla e baile con Xilbarbeira e Aroña
22.30h – Orquestra Finisterre Project na Praza de Galicia
23.00h – Ortiga na Praza do Centro Social
00.00h – Tributo a Julio Iglesias na Praza de Galicia
Domingo 5 de xullo
10.00h – alboradas con Ar de Loureda
12.00h – baile con Abeloura, Ballet Folclórico Boirense e Abanqueiro
12.00h – pasarrúas coa Banda de Negreira
13.30h – sesión vermú na rúa peonil con D’Crooners
20.30h – Balbina coa Banda de Música de Boiro na Praza do Centro do Centro Social
22.00h – orquestra La Oca Band na Praza de Galicia
00.00h – espectáculo piromusical na Praia de Barraña
00.30h – La Banda de Ayer na Praza de Galicia
Luns 6 de xullo
10.00h – alboradas con Arume
11.00h – Festa das Peñas no Parque da Cachada
12.00h – cantos de taberna con As da Boina e Mar de Cabo
21.00h – Gramola Gominola na Praza do Centro Social
22.00h – orquestra Gran Prada na Praza de Galicia
00.00h – orquestra Origen na Praza de Galicia
Martes 7 de xullo
10.00h – alboradas con Arume
12.00h – cantos de taberna con A Dorniña e Xoaniñas
12.30h – pasarrúas con Treboada
22.00h – orquestra Marbella na Praza de Galicia
23.00h – Melidaos e Lumieira na Praza do Centro Social
00.00h – orquestra Paris de Noia na Praza de Galicia
Mércores 8 de xullo
10.00h – alboradas con Arume
12.00h – cantos de taberna con Nunca e Tarde e Ventos do Mar
13.00h – sesión vermú na rúa peonil con Duendeneta
21.30h – orquestra Satélites na Praza de Galicia
23.00h – 9Louro na Praza da Mancomunidade
00.00h – orquestra Panorama na Praza de Galicia
02.00h – orquestra América na Praza de Galicia
Escrito por Líder Redacción
boiro festas de veran programa especial radio lider santiago




2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)