Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O Pleno da corporación nomeou este sábado 27 de xuño nun Pleno extraordinario a Antón Riveiro Coello como fillo adoptivo de Boiro. A proposta contou coa unanimidade da corporación.
A proposta nace dos equipos de Dinamización da Lingua Galega do municipio debido á linga traxectoria do autor como un dos de mais prestixio da narrativa galega actual; polo seu compromiso coa lingua galega; a súa proxección literaria máis alá do ámbito galego a través da tradución dalgunhas das súas obras ao castelán, portugués, italiano e inglés; polo seu compromiso coa cultura da comarca do Barbanza; e, especialmente, pola súa contribución a proxectar a imaxe de Boiro cara o exterior.
Logo do Pleno extraordinario tivo lugar un acto institucional na Casa Consistorial de Boiro onde o homenaxeado agradeceu á corporación polo nomeamento porque “o azar tróuxonos a unha vila como Boiro, onde o mar acabou por formar parte da miña vida e tamén da miña escrita, porque os lugares que amamos acaban escribindo dentro de nós”
Rapaces e rapazas representantes dos centros de ensino do municipio fixeron lectura de textos do autor recollidos no Cartafol do Barbanza e A Voz do Lago. O alcalde, José Ramón Romero, pechou o acto agradecendo a Antón o seu compromiso con Boiro “porque un non elixe onde nace pero si onde bota raíces e Antón converteuse nun veciño comprometido que participa activamente na vida social e cultural de Boiro e que contribuíu a proxectar o nome do noso municipio”.
Antón Riveiro Coello súmase, dende hoxe, a unha lista de persoeiros destacados do municipio na que tamén se atopan Raimundo García Domínguez “Borobó” como fillo adoptivo, e Ramón Martínez López como fillo predilecto.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)