Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today29 junio, 2026
Teo (A Coruña), 29 de xuño de 2026.- O Concello de Teo porá en marcha este mércores unha nova campaña de información e divulgación da fracción orgánica, baixo o lema “Ti tes a chave”.
Desta forma, a veciñanza dos núcleos urbanos recibirán información sobre os colectores marróns, darse de alta no programa e recoller o seu kit composto por caldeiro, bolsas compostables, chave e folleto informativo. O colector marrón, a quinta fracción, ten como uso exclusivo a recollida de residuos orgánicos. Este novo depósito ten a particularidade de estar pechado coa finalidade de concienciar á veciñanza da separación de residuos orgánicos.
Cabe sinalar que a poboación obxecto será a que habita no núcleo urbano onde existen edificios en verticalidade, así como os establecementos susceptibles de xerar materia orgánica. De feito, de forma paralela, a empresa adxudicataria visitará porta a porta os establecementos xeradores de biorresiduos como restaurantes, froitarías, supermercados e outros, co fin de informarlles sobre a fracción orgánica e ter un rexistro de establecementos interesados.
En total, colocaranse 150 contedores marróns en diversos puntos dos núcleos urbanos das parroquias dos Tilos, Cacheiras, Calo, Oza e Lucí. Os contedores colocaranse de forma progresiva a partir de mediados do mes de xullo, reforzando así a recollida separada de residuos no casco urbano, sendo este proxecto totalmente voluntario para a cidadanía.
Este mércores, 1 de xullo, comezará esta campaña de sensibilización e divulgación sobre o colector marrón á rúa. Será na rúa Loureiro, xunto ao estacionamento do Centro Comercial Os Tilos en horario de 10.00 a 14.00 horas. A segunda será o 8 de xullo na Travesía de Montouto, á altura da cafetería Maradentro (na praza peatonal), no mesmo horario. O resto iranse comunicando nas redes sociais do Concello de Teo.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)