Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today20 julio, 2026
A Unidade de Atención Temperá do Concello de Rianxo pechou un novo curso cun acto de despedida para os nenos e nenas que reciben a alta no servizo. Nos últimos meses, preto dun cento de familias rianxeiras fixeron uso deste recurso municipal, unha cifra que, segundo o Concello, pon de manifesto a súa utilidade e a necesidade de manter esta prestación.
O servizo, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, está dirixido a menores de entre 0 e 6 anos con trastornos no desenvolvemento ou risco de padecelos. O seu obxectivo é ofrecer unha atención especializada para favorecer a autonomía persoal e o desenvolvemento integral dos nenos e nenas, así como apoiar ás súas familias.
Durante o acto de clausura tamén se recoñeceu o labor do equipo de profesionais da unidade, encargado de prestar atención interdisciplinar ás familias ao longo do curso.
Escrito por Líder Redacción




2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)