AD

Actualidad

A Festa da Xouba encherá Rianxo de gastronomía, cultura e música do 22 ao 26 de xullo

today20 julio, 2026

Fondo
share close
AD

A Semana Gastronómica e Cultural incluirá exposicións, concertos, espectáculos, degustacións e actividades para todos os públicos.

Rianxo volverá render homenaxe a un dos seus produtos máis emblemáticos coa celebración da Festa da Xouba, que se desenvolverá entre os días 22 e 26 de xullo cun amplo programa de actividades culturais, musicais e gastronómicas.

A programación arrancará o mércores 22 co acto institucional de apertura da semana da Festa da Xouba e coa iluminación artística de distintos espazos públicos da vila.

O xoves 23 abrirase a exposición efémera «Rostros do noso mar», instalada no Pazo de Martelo, e pola noite a Praza de Rafael Dieste acollerá un espectáculo especial de luz e son a cargo do Cuarteto Rianoma.

As actividades continuarán o venres 24, coa apertura da exposición e a actuación da Coral de Rianxo, tamén na Praza de Rafael Dieste.

O sábado será a xornada de maior intensidade festiva. Ás 12.00 horas abrirá a carpa de degustación da xouba, acompañada do Baile das Francadas, no Campo de Arriba. Ás 13.00 horas celebrarase unha sesión vermú con Mínimo Eventos, mentres que ás 22.30 horas a Banda Escola de Música de Rianxo ofrecerá o concerto Bandas Sonoras de Cinema Infantil.

A programación concluirá o domingo 26 co espectáculo «DANZA 3», da Agrupación O Fiadeiro, que combinará música e danza tradicional a partir das 20.30 horas na Praza de Castelao.

A Festa da Xouba consolídase así como unha das citas máis destacadas do verán en Rianxo, combinando a promoción da gastronomía mariñeira coa posta en valor da cultura, da música e das tradicións locais.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *