Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Hoxe emitirá un bando coas principais recomendacións e as restricións
Dodro, 14 de agosto do 2026 – A situación de diminución progresiva nas reservas de auga do concello de Dodro obriga ao concello a tomar medidas. O obxectivo é garantir o abastecemento de auga potable para o consumo humano e os usos esenciais. Son en todo caso medidas extraordinarias de aforro de auga que se manterán ata que a situación cambie.
Hoxe mesmo emitirase un bando no que se toman tres principais puntos de acción para conseguir o aforro preciso. O primeiro a prohibición do enchido total ou parcial de piscinas privadas; prohíbese así mesmo o lavado de vehículos mediante mangueira ou outros sistemas que empreguen auga da rede municipal; para rematar este apartado de restricións está a prohibición de regar xardíns, zonas verdes, hortas de lecer e espazos ornamentais utilizando auga procedente da rede municipal. Estas restricións permanecerán en vigor ata que a situación de abastecemento permita a súa retirada.

Outras medidas de aforro
A colaboración de toda a veciñanza é fundamental para preservar un recurso esencial como é a auga e garantir a súa subministración a toda a poboación. O concello de Dodro publicará e distribuirá tamén un cartel no que recomenda medidas que poden axudar a preservar o abastecemento.
Pechar as billas de auga e evitar que pinguen é algo de sentido común; usar tanto o lavalouzas e a lavadora cheos e non a media carga; lavar a froita nun recipiente e non baixo a billa; gardar auga fresca na neveira evitar ter que deixar correr a auga da billar. Se temos que comprar un electrodoméstico e convinte mirar que consumos de auga ten.
Por outra banda o consumos de auga no baño tamén son importantes. Ducharse en lugar de bañarse; evitar que a cisterna pingue; pechar a billa mentres nos afeitamos ou recoller a auga mentres se vai quentando para usala máis tarde son medidas doadas de aplicar e que tamén axudan a aforrar auga e garantir o abastecemento mentres dure esta situación.
Tanto no xardín como na piscina hai que procurar optimizar o uso da auga. Buscar as horas de menor evaporación para regar; usar o lavado automático do coche e non con mangueira; si vas a bañar a túa mascota que sexa nun terreo que precise auga; cubrir a piscina sempre que sexa posible para evitar evaporación; comprobar que non hai fugas ou instalar un botón de paro automático si se ten ducha na piscina son tamén medidas que serven para o aforro común de auga.
Desde o concello de Dodro pídese a colaboración da veciñanza xa que non sabemos canto tempo pode manterse esta situación.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)