Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today13 agosto, 2026
Os catro menores que viaxaban nun turismo resultaron feridos, con lesións de diversa consideración, tras unha colisión frontal cun camión rexistrada este xoves no concello de Teo.
Segundo a información recollida polo 112 Galicia, o accidente produciuse pouco antes das tres da tarde na estrada AC-241, ao seu paso pola parroquia teense de Reis.
De acordo coas persoas que contactaron co servizo de emerxencias para alertar do sinistro, o turismo no que viaxaban os menores saíuse da vía e acabou chocando frontalmente contra un camión.
Os catro rapaces sufriron feridas de diversa consideración, aínda que permaneceron conscientes en todo momento. Pola súa banda, tanto o condutor do turismo como o do camión resultaron ilesos.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)