AD

Deportes

A Praia de Carragueiros, en Boiro, acollerá o sábado 22 a IX Travesía a Nado Illa da Bensa

today14 agosto, 2026

Fondo
share close
AD

O Concello de Boiro colabora coa IX Travesía a Nado Illa da Bensa que organiza o Club de Natación Boiro e que terá lugar o vindeiro sábado 22 de agosto na praia de Carragueiros. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación xunto con Saturnino González, presidente do Club de Natación Boiro; Brais Nieto, director técnico do club; e Marga Hermo, directora de Relacións Institucionais de Jealsa.

A proba forma parte do XXII Circuíto Galego de Augas Abertas Arzúa Ulloa e contará con tres percorridos de 3.500 metros para adultos e máster; 1.000 metros para alevíns; e 200 metros para nenos. “Temos agora 160 participantes e contamos con chegar aos 180-190; agardamos que sexa unha travesía tranquila e poder desfrutar da proba e do entorno”, recoñeceu Brais Nieto.

O presidente do club, Saturnino González, agradeceu ás entidades e empresas colaboradoras que “son fundamentais para que poidamos seguir celebrando esta proba deportiva que é unha das máis bonitas da tempada xa que se celebra nun entorno idílico como o de Carragueiros”. A directora de Relacións Institucionais de Jealsa, Marga Hermo, puxo en valor o traballo do club e as sinerxías que se crean: “Dende Jealsa estamos convencidos de que apoiar o deporte contribúe a crear comunidade e iso é o bonito do deporte base en Boiro”.

Pola súa parte o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, agradeceu a implicación do Club de Natación Boiro “que segue a medrar e cada vez conta con mais nenos e nenas do noso pobo que practican a natación” e convidou á veciñanza a achegarse o vindeiro 22 de agosto á praia de Carragueiros a “desfrutar dun día de natación nun entorno inmellorable”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *