Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today24 agosto, 2026
Santa Comba. 24-8-2026. David Agra e Daniel Boo proclamáronse campións do VI Torneo de Pádel Nocturno Concello de Santa Comba, celebrado o pasado sábado, 22 de agosto, na pista de pádel do complexo deportivo de Fontenla.
A competición disputouse mediante un sistema de eliminación directa e reuniu durante toda a xornada as parellas participantes nun único cadro de categoría sénior. Tras os primeiros enfrontamentos e as semifinais, David Agra e Daniel Boo conseguiron o primeiro posto ao superar na final a Alejandro Blanco e Noel Pais, que remataron como subcampións.
Na loita polo terceiro e cuarto posto, Xoan Leis e Nicolás Vilariño acadaron a terceira posición, mentres que Brais Calo e Brais García finalizaron o torneo no cuarto posto.
A xornada concluíu coa entrega de premios, na que estiveron presentes a concelleira de Deportes, Patricia Val, e a técnica de Deportes, Elisa Capelo. Todas as persoas participantes recibiron tamén un agasallo pola súa participación no torneo.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)