AD

Actualidad

Santiago autoriza un cámping para caravanas con piscina no Polígono do Tambre

today24 agosto, 2026

Fondo
share close
AD

O edil de obras informou da adxudicación do contrato das obras para ampliar as redes de abastecemento e saneamento na rúa Nova da Igrexa, na parroquia de Laraño, incluídas no Plan único de concellos (POS+ 2025), á empresa ALCOMTE GALICIA, S.L. cunha oferta económica de 63.910,36 euros (IVE incluído). Esta proxecto, indicou Xesús Domínguez, ten un prazo de execución de 4 meses.

Así mesmo, adxudicáronse as obras de renovación da rede de abastecemento na rúa da Mira, en Amio. Neste caso á empresa NEMESIO ORDÓÑEZ, S.A, que presentou unha oferta de 120.827,49 euros (IVE incluído)

“Esta obra está incluída no Plan de actuacións para minimizar as perdas de auga, coñecido como plan de fugas, e, ademais, é un ámbito con roturas recorrentes das tubaxes de fibrocemento e importantes molestias para a veciñanza”, lembrou o tamén edil de Sustentabilidade Ambiental.

Finalmente, dentro do ámbito de melloras no rural, a Xunta de Goberno aprobou o expediente para contratar o servizo de dirección da obra de reurbanización da rúa de Mallou. Este contrato ten un orzamento de 53.785,29,00 € (IVE incluído) e licítase por procedemento aberto simplificado.

Mellora da accesibilidade en edificios

O executivo local tamén adxudicou os catro lotes do contrato para a redacción de proxectos de mellora da accesibilidade de edificios beneficiarios da convocatoria da primeira fase de subvencións en especie para este tipo de obras en vivendas de barrios desfavorecidos.

En concreto, o lote 1, para o grupo de vivendas da Nosa Señora de Belén (rúas de Ulpiano Villanueva, 3 e Domingo de Andrade, 9), foille adxudicado a Manuel Guerreiro, que presentou unha oferta económica de 8.777,11 euros (IVE incluído)

Os lotes 2, 3 e 4 resultaron adxudicados á empresa Santasoleira SL, que presentou unha oferta de 6.808,67 € para o primeiro (lote 2), de 23.038,40 € para o 3 e de 6.808,67 € para o 4, todas estas cantidades co IVE incluído.

Estes tres lotes van destinados aos proxectos para dotar de elevadores os edificios seguintes:

Avenida de Castelao 3,
Praza de Ultreia, 3, 4 e 8
Avenida de Salamanca, 14 e 28

O gasto total comprometido con este contrato ascende a 45.432,85 €, “que é o monto da subvención en especie que corresponde ás comunidades beneficiarias”, sinalou o concelleiro.

Outros asuntos

Domínguez deu conta tamén doutros asuntos aprobados en Xunta de Goberno como a concesión de licenza a un proxecto de conservación, mantemento e mellora da envolvente térmica do edificio situado na avenida de Romero Donallo, 17.

Tamén se aprobou a licenza das obras necesarias para instalar un campamento de turismo para caravanas e autocaravanas no lugar de Rebordaos, 16 B, nunha parcela clasificada como solo urbanizable polo PXOM e incluído no Polígono do Tambre.

As edificacións ocuparán unha superficie construída de 129,60 m2, nun andar para albergar seis casetas prefabricadas destinadas a recepción, bibioteca-ludoteca, fregadeiro, lavadoiro e aseos. Contará tamén cunha zona de descarga, merendeiro e piscina. O proxecto sitúase en solo clasificado como urbanizable polo PXOM vixente, dentro do ámbito do SUND-30, Polígono do Tambre Norte

E, finalmente, outorgóuselle tamén licenza a un centro de autolavado na Vía Nobel, 13.

Alén disto, aprobouse o convenio de colaboración entre o Concello de Santiago e a Fundación Secretariado Gitano, segundo o cal se outorga unha subvención nominativa de 27.000 euros ao programa de inclusión “Promociona” que desenvolve esta entidade.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *