Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
25 de agosto de 2026.- O “Moar Boys” vén de gañar o Maratón de Fútbol 7 do Concello de Frades, xogado este sábado 22 de agosto no campo municipal do Vedral (Abellá). Os concelleiros de Deportes, Juan Carlos Portos, e de Xuventude, Jesús Miguel Prado, foron os encargados de entregar os trofeos aos catro primeiros clasificados.
Os “Moar Boys” dominaron por completo o torneo, gañando todos os seus encontros e impoñéndose na final aos locais dos “Veteranos Abellá” por un contundente 5-1. En total, 17 goles a favor por 5 goles en contra. A clasificación final do torneo quedou do seguinte xeito:
1- Moar Boys
2- Veteranos Abellá
3- Os Primos
4- Combinado Frades
5- Papucín FC
6- Os amigos Frades
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)