Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O Concello de Padrón traballa na reapertura da sala de espera da estación de tren da Matanza, pechada desde hai anos. O alcalde, Anxo Arca, explicou que xa se solicitaron orzamentos para acondicionar o espazo con portas automáticas, cámaras de vixilancia e novo mobiliario.
A intención é que as portas funcionen segundo os horarios dos trens, permitindo manter aberta a sala desde o primeiro servizo da mañá ata o último da noite. O local tamén necesitaría algúns traballos de pintura e a instalación de asentos.
Con esta actuación, o Concello daríalle uso a un espazo polo que leva anos pagando un pequeno alugueiro e que actualmente está baleiro. A súa reapertura beneficiaría especialmente ás persoas que empregan a estación a diario, ao ofrecerlles un lugar cuberto para protexerse do frío e da chuvia.
Unha vez coñecido o custo das melloras, o Concello solicitará formalmente os permisos necesarios aos organismos responsables da estación. O obxectivo é poder reabrir a sala antes de finais de ano.
O goberno local tamén estudará a posibilidade de recuperar os aseos, aínda que esta medida resulta máis complexa polas necesidades de limpeza e mantemento.
Por outra banda, o alcalde reclamou melloras nas instalacións ferroviarias do municipio e chamou a atención sobre a falta de iluminación no aparcadoiro exterior da estación da Escravitude, especialmente problemática durante as horas nocturnas.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)