Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today5 diciembre, 2023
O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, amosou hoxe a súa sorpresa tras as declaracións do BNG sobre as sancións polo ruído nocturno. “A alcaldesa nacionalista debería explicar entón se ata o de agora a Policía Local tiña orde de non multar aos locais cando se incumplía a ordenanza”, subliñou, e calificou de “bochornosas” este tipo de afirmacións por parte do BNG.
Verea instou ao goberno a que se poñan a traballar porque levan xa medio ano e polo de agora o único que quedou claro é a súa incapacidade para xestionar e sacar adiante as cousas.
Así, lembrou que “nós presentamos unha estratexia integral contra o ruído nocturno, na que xa deixamos claro que é esencial que se impliquen todos os axentes, incluída a propia hostalería, porque sen eles será imposible atallar este problema”. Para o líder popular unha campaña como a que acaba de presentar o goberno do BNG non pode ser a principal ferramenta dun concello para solucionar un problema como o do ruído nocturno, que se leva padecendo desde hai anos. “Necesitamos mecanismos reais e non propaganda”, sinalou.
É por isto, insistiu, polo que ademais da propaganda, pedimos que se aplique o noso Plan de Acción Contra o Ruído.
PROPOSTA PLAN DE ACCIÓN CONTRA O RUÍDO DO PP DE SANTIAGO
Obxectivo: Poñer a Santiago na vangarda da loita contra o ruído nocturno
1. Elaboración dun Rexistro de chamadas á Policía Local para coñecer os afectados máis activos.
2. Elaboración de enquisas e estudos demoscópicos sectorializados para coñecer a extensión real, sabendo que moitos non denuncian.
3. Elaboración dun mapa de ruídos.
4. A utilización de mecanismos de medición modernos, que sexan áxiles, portátiles, fiables e de resposta inmediata; ou no seu caso coas mellores empresas.
5. A colaboración dos loca is de ocio é fundamental, sen o seu compromiso será moi difícil conseguir resultados reais, sobre todo fóra dos locais. Nesa colaboración público privada propoñemos tamén unha liña de axudas para a insonorización óptima dos locais de ocio.
6. Plan especial de Inspección.
7. Reforzamento policial naqueles puntos máis conflitivos.
8. Tramitación preferente dos expedientes que afectan ao ruído nocturno, tanto o que denuncia como no seu caso o sancionado saberán que é unha prioridade política.
9. Bonificacións no IBI ou outras medidas fiscais nas vivendas desvalorizadas polos ruídos e nos propietarios máis afectados.
10. Revisión normativa de todos os regulamento afectados: zonas acústicas saturadas, Ordenanza de ruídos, Plan Especial.
Escrito por Líder Redacción
Radio Líder Santiago te ofrece una cuidada selección musical donde suenan los grandes clásicos que forman parte de nuestra vida, junto a una selección con las novedades más interesantes.
closeCopyright © 2023 Radio Líder Santiago de Compostela - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)