Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today6 diciembre, 2023
O concelleiro popular, Borja Rubio, manifestou a súa preocupación polos persistentes atrasos no envío dos recibos de comedor xestionados polo Goberno do BNG. Esta demora está a provocar unha gran inquietude entre as familias usuarias, posto que descoñecenmcando se realizará o cargo correspondente por este servizo, chegando, en ocasións, ampasar meses sen que se efectúe cobranza algunha.
Rubio remarcou que se trata dunha situación completamente anormal e sinalou que este problema leva arrastrándose desde o pasado curso escolar, acadando o seu punto álxido coa circunstancia de que, no mes de novembro, algunhas familias tiveron que facer fronte ao pago de varios recibos con poucos días de marxe. «É fundamental, para a tranquilidade e estabilidade das familias usuarias, contar cun calendario de cobranzas previsible e regular, no que respecta ao servizo de comedor xestionado polo Goberno nacionalista”, subliñou.
Borja Rubio insistiu en que “a incerteza xerada por estes atrasos está a afectar significativamente a numerosos fogares da nosa cidade”.
Ante esta situación, o popular pide ao Goberno bipartito unha solución a esta problemática, salientando a importancia de establecer medidas que garantan un proceso de facturación e cobranza máis eficiente e constante para os beneficiarios do servizo de comedor en Compostela.
Os usuarios reclaman unha solución definitiva a esta situación, sobre todo, tendo en conta que as vindeiras datas supoñen unha medra nos gastos das familias, tanto polo Nadal, como pola costa de xaneiro e sería inasumible para moitas familias outro cargo extra de comedor pola mala xestión por parte do BNG.
Escrito por Líder Redacción
Radio Líder Santiago te ofrece una cuidada selección musical donde suenan los grandes clásicos que forman parte de nuestra vida, junto a una selección con las novedades más interesantes.
closeCopyright © 2023 Radio Líder Santiago de Compostela - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)