Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Rueda puxo en valor esta nova medida de apoio á práctica deportiva impulsada pola Xunta, recollida nos Orzamentos de 2024, durante a súa visita a dous pavillóns deportivos do Porriño, mentres os cativos participaban en actividades, e na que estivo acompañado polo vicepresidente primeiro e Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e polo secretario xeral para o Deporte, Xosé Ramón Lete.
O Bono Deporte vai axudar ás familias a sufragar o 80 % das compras en material de equipamento ou do custe da asistencia a clases de actividades deportivas. O obxectivo é promover a práctica de exercicio entre os máis cativos. “Se fomentamos o deporte e conseguimos que o ocio de moitos rapaces -agora que hai moitas alternativas- sexa o deporte, estaremos facendo algo bo”, indicou Rueda, quen resaltou que con este Bono, a Xunta busca que os rapaces “socialicen entre eles, o pasen ben e medren con máis saúde”.
Poderá ser empregado ata o 1 de xullo
Cada familia poderá descargar un Bono Deporte por cada un dos fillos ou fillas e poderán facer uso del ata o 1 de xullo. Precisamente, hoxe o Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria das axudas, así como as condicións e prazos para as entidades que se queiran unir ao programa. Poderán facelo desde mañá ata o 30 de decembro.
Esta nova axuda enmárcase dentro das que se incorporarán con cargo aos Orzamentos de 2024 e que se activarán a partir de xaneiro. Entre elas, están o Bono Coidados no Fogar con 5000 euros anuais a persoas dependentes que son coidadas nas súas casas; á gratuidade do bus da rede autonómica para as persoas maiores de 65 anos, que tamén serán beneficiarias da nova tarxeta +65 con bonificacións e descontos; ou á aplicación da cota cero para o primeiro ano de actividade dos que decidan emprender como autónomos.
Escrito por Líder Redacción
Radio Líder Santiago te ofrece una cuidada selección musical donde suenan los grandes clásicos que forman parte de nuestra vida, junto a una selección con las novedades más interesantes.
closeCopyright © 2023 Radio Líder Santiago de Compostela - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)