Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today2 octubre, 2026
Goretti Sanmartín volve reclamarlle á Xunta que exerza as súas competencias de inspección para que a declaración de zona de mercado tensionado en Santiago sexa efectiva. Lembra que o prezo do alugueiro é o que máis tensiona o mercado da vivenda no concello de Santiago de Compostela.
A rexedora compostelá comezou a súa comparecencia semanal amosando o apoio ás mobilizacións e á acampada reivindicativa no Obradoiro en defensa dos dereitos das persoas a ter unha vivenda digna. Neste sentido, sinalou que é necesario “un cambio de paradigma” para mellorar o acceso á vivenda e que “todas as administracións comecen a mover os seus mecanismos e a exercer as competencias que lles corresponden”.
No ámbito concreto de Santiago de Compostela volveu reiterar a reclamación á Xunta para que exerza as competencias que lle corresponden de inspección no relativo á zona de mercado residencial tensionado. Neste punto concreto, explicou que “o que máis tensiona o mercado da vivenda en Compostela é o prezo dos alugueiros e actuar sobre esa realidade é, directamente, mellorar as condicións de vida das persoas máis vulnerables”.
Goretti Sanmartín tamén sinalou que tras a declaración de ZMRT “en Compostela neste momento xa non son legais as subas abusivas do alugueiro” e que, grazas a esta medida, “en Santiago non cabe un caso Maricarmen”. Mais, como xa manifestou en anteriores ocasións, insistiu en que, para a completa efectividade da ZMRT, é imprescindible que a Xunta exerza as súas competencias de inspección. “Reiteraremos por todos os medios posibles que a Xunta de Galicia vixíe que os contratos de arrendamento se axusten á norma, no que toca ao prezo e no relativo tamén ao propio tipo de contrato, toda vez que os contratos temporais quedaron fóra dos topes de prezos por decisión do PSOE desde o Goberno do Estado” afirmou.
Doutra banda, tamén asegurou que se continuará coa reclamación para que os fondos específicos para actuar nas zonas tensionadas cheguen á veciñanza de Santiago a través do que recolle o Plan de medidas correctoras e co modelo de actuación que establece.
Tamén fixo un repaso das iniciativas que puxo en marcha o goberno municipal e cuxa filosofía concorda co plan de medidas correctoras, mencionando as seguintes:
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)