Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today2 octubre, 2026
A Casa da Cultura de San Miguel de Sarandón acolleu onte a presentación dunha nova edición do Espazo Activo da Ulla, unha iniciativa cultural e de posta en valor do territorio organizada pola Asociación Cultural San Campio, que se celebrará en Vedra durante a fin de semana do 23 ao 25 de outubro.
Un ano máis, un dos grandes protagonistas da programación será o xa coñecido Pasabodeghas, que volverá percorrer as adegas participantes nunha proposta na que a música, a gastronomía e a cultura popular da comarca da Ulla terán un papel destacado.
No acto de presentación participou a deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividad de Jesús González Rodríguez, acompañada polo alcalde en funcións de Vedra, Enrique Vázquez, así como por boa parte da directiva e do equipo organizativo do evento.
Tamén tivo un protagonismo especial Mónica Señoráns Trigo, gañadora do Concurso de Carteis do Espazo Activo da Ulla 2026, que aparece na imaxe xunto a Ángel Chenlo, presidente da Asociación Cultural San Campio, ambos sostendo o cartel anunciador desta nova edición.
O Espazo Activo da Ulla consolídase así como unha das citas culturais de referencia na comarca, combinando tradición, música, gastronomía e promoción do territorio nunha programación que este ano aspira a seguir medrando e sumar novos éxitos.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)