Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today11 octubre, 2024
11/10/2024 A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, comprobou este venres a situación derivada do paso do temporal ‘Kirk’ e, en concreto, coñeceu de primeira man as consecuencias na Alameda xunto ao concelleiro de Parques e Xardíns, Xesús Dominguez, e o xefe do servizo, Gregorio López. Posteriormente, deu conta en rolda de prensa do avance dos traballos de recollida da ramaxe e limpieza da follaxe.
Na súa intervención, a rexidora agradeceu aos todos os servizos de emerxencias e persoal das empresas concesionarias o esforzo das últimas horas para poder restablecer a normalidade o antes posible. En canto ás árbores, confirmou que se analizará caso a caso para avaliar a afectación e conservar aqueles exemplares que non teñan risco.
No que ten que ver coa Alameda, destacou o traballo de retirada de pólas e referiuse á situación do parque infantil, no que se traballa para retirar os restos da árbore caída (un tilo). Goretti Sanmartín informou de que se revisará a zona para garantir a seguranza das crianzas.
Doutra banda, nas últimas horas a empresa concesionaria estivo traballando para a reparación e reposición de todos os puntos de luz danados polo temporal. Neste sentido, a primeira hora da mañá deste venres xa se arranxaran zonas como San Ignacio de Loiola e Poza Real e no Campus Sur foron retirados os elementos danados e queda pendente de recibir algún material para acabar de repoñer todas as zonas danadas.
Nas zonas rurais recuperouse a normalidade do funcionamento, pero quedaron pendentes de reparar algúns puntos aillados, que o Concello agarda que queden reparados nas próximas horas.
Varias persoas paseaban pola Alameda de Santiago, pechada á cidadanía, no peor da borrasca Kirk
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)