Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today6 agosto, 2024
Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2024.- O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asinou hoxe co alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, o contrato de cesión de uso da Casa de Correos e da horta anexa. Así, o goberno autonómico cede este inmoble ao concello para usos socioculturais destinados á veciñanza e as visitantes. Dáse así cumprimento a unha antiga reivindicación do municipio de Arzúa para dinamizar o inmoble.
O alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, destacou a importancia desta cesión como un paso fundamental para o desenvolvemento cultural e social da vila. «Este acordo permitirá non só preservar un edificio histórico, senón tamén crear un espazo de encontro e enriquecemento para a nosa veciñanza e para os milleiros de persoas que nos visitan cada ano», subliñou o rexedor local.
A antiga Casa de Correos, situada na rúa Dores número 3 e a súa horta anexa, propiedade do Xacobeo, pasarán a ser xSantiago de Compostela, 6estionadas polo Concello de Arzúa. O edificio, que linda coa Capela da Madanela e co albergue, poderá albergar actividades culturais que poñan en valor o patrimonio material e inmaterial galego, axudando a entender a realidade do Camiño de Santiago e da peregrinación. O edificio será posto a disposición do concello nas condicións axeitadas para a súa operatividade.
O Concello de Arzúa vén demostrando un forte compromiso co benestar da súa veciñanza. Esta cesión engádese a unha serie de iniciativas lideradas polo goberno local para potenciar a cultura, o patrimonio e o turismo na zona. O traballo incansable do alcalde e do seu equipo reflicte o seu compromiso coa mellora continua da calidade de vida das arzuás e dos arzuáns.
En virtude do acordo, o Concello asumirá os custos do mantemento e xestión ordinarias do inmoble, así como a contratación do persoal necesario para o mantemento e atención do mesmo. A cesión ten carácter gratuíto e realízase por un prazo de catro anos, podendo prorrogarse por outros catro anos máis, sempre que medie acordo expreso das partes.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)