Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today22 octubre, 2026
A agrupación de Marrozos conmemorará catro décadas de compromiso coa música, o baile e as tradicións galegas cun espectáculo que percorrerá a súa historia.
A Asociación Cultural Pena Maior, da parroquia compostelá de Marrozos, celebra o seu 40 aniversario cunha gala moi especial na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, o vindeiro 25 de outubro. Unha cita cargada de emoción, lembranzas e tradición na que a música e o baile galegos serán os grandes protagonistas.
Catro décadas dan para moito. Son 40 anos de ensaios, actuacións, encontros e, sobre todo, de compromiso coa conservación e transmisión da cultura tradicional galega. Ao longo deste tempo, Pena Maior converteuse nunha gran familia que mantén vivas as raíces culturais do rural compostelán, unindo diferentes xeracións arredor da música e do baile.

Para conmemorar esta traxectoria, a asociación prepara un espectáculo que proporá unha viaxe polos seus 40 anos de historia, lembrando os momentos máis significativos dunha agrupación que leva desde os seus comezos traballando pola defensa e difusión das tradicións populares.
A gala será tamén unha oportunidade para poñer en valor o importante papel que desempeñan as asociacións culturais no rural galego, como espazos de convivencia, aprendizaxe e transmisión dun patrimonio que continúa vivo grazas ao esforzo e á ilusión das persoas que forman parte delas.
Con esta celebración, Pena Maior quere render homenaxe a todas as persoas que contribuíron a construír a súa historia ao longo destas catro décadas e reafirmar o seu compromiso co futuro da música e do baile tradicionais.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)