Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today3 septiembre, 2026
O Concello do Pino celebrou este martes, 2 de setembro, unha concentración en apoio ao pobo de Ceuta na que participaron máis de 60 persoas, entre as que se atopaban un grupo de peregrinas ceutís que están facendo o Camiño de Santiago dende Sarria, e que agradeceron o xesto de apoio.
O alcalde, Manuel Taboada Vigo, leu o manifesto promovido pola Federación Española de Municipios e Provincias, acompañado por concelleiros do equipo de goberno.
Ademais de trasladar o apoio e o respaldo da veciñanza do Pino á cidade autónoma e ás persoas que atraveses estes momentos difícil, Manuel Taboada lenboi que “os ceutís non están sós. España está con Ceuta. Ceuta somos todos”.
Ao rematar, o alcalde, membros do goberno do Pino e asistentes fixéronse unha foto coas peregrinas ceutís que participaron na concentración.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)