AD

Comarca

A Estrada celebrará a Festa do Maior o 8 de marzo

today14 febrero, 2025

Fondo
share close
AD

 

A Estrada acollerá, o próximo 8 de marzo, a súa tradicional Festa do Maior, que terá lugar no Pavillón anexo ao Coto Ferreiro. O evento, que busca homenaxear aos maiores da localidade, foi presentado hoxe polo alcalde Gonzalo Louzao e a edil de Servizos Sociais, Amalia Goldar. Durante a xornada, mesturaranse gastronomía, música e humor, nunha festa que servirá como recoñecemento a unha xeración que dedicou gran parte da súa vida ao benestar das persoas coas que conviviu.

O evento está dirixido aos veciños empadroados no Concello de 65 anos ou máis, que poderán asistir acompañados. O prazo de inscrición comezará o martes, 18 de febreiro, e as persoas interesadas poderán anotarse na Alcaldía, no departamento de Servizos Sociais ou na Tesorería.

A apertura de portas terá lugar ás 13:30, e o xantar comezará ás 14:00 horas. Para a amenización da xornada, contaranse coa participación do dúo cómico As Lerchas e a música de Os Satélites.

Esta celebración quere ser un momento de encontro e diversión para os maiores do municipio, brindándolles un día de lecer e recoñecemento á súa labor na sociedade.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *