Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today17 noviembre, 2023
Medio milleiro de xoves atletas, entre elas primeiras figuras do panorama internacional, participarán os días 18 e 19 de novembro de 2023 no Xacobeo de Ximnasia Rítmica II Torneo Internacional VIRAVOLTA-JAEL e III Gala Internacional de Ximnasia Rítmica, que organiza no Multiusos Fontes de Sar o club Viravolta.
Co apartado competitivo concentrado nas mañás do sábado e do domingo, ximnastas de primeiro nivel de toda Europa participarán o sábado pola tarde na Gala Internacional, amadriñada pola olímpica española Carolina Rodríguez. Longines e Jael Joyería, xunto co Xacobeo 21-22 son os patrocinadores principais da cita, que conta co apoio da Xunta de Galicia, a través de Deporte Galego, o Concello de Santiago e a Deputación da Coruña.
Na organización do torneo colaboran desinteresadamente numerosas empresas e entidades galegas e esta edición terá de novo unha vertente solidaria, posto que a recadación se destinará a financiar programas de apoio a nenos diagnosticados de cancro e as súas familias a través de ASANOG (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia). As entradas xa están á venda a través da web https://clubviravoltasantiago.com/
Estrelas convidada á Gala
Entre as internacionais que acudirán á Gala do sábado pola tarde están, entre outras, a actual campioa do mundo Daria Varfolomeev (Alemaña), Anastasia Simakova (Alemaña), Giorgia Galli (Italia), Fanni Pigniczki (Hungría), Polina Berezina (España), Alba Bautista (España) e o Conxunto Senior da Selección Española.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)