Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today24 septiembre, 2026
24 de setembro de 2026- O alcalde de Brión, Pablo Lago, e a presidenta do GDR Terras de Compostela, Guarina Rey, inauguraron esta mañá as obras de mellora e posta en valor do palco da música da carballeira de Santa Minia, unha actuación que supuxo un investimento de 48.354 euros. O proxecto contou cunha axuda de 28.224 euros procedentes da Xunta de Galicia, a través do GDR Terras de Compostela e dentro da iniciativa Leader.
A actuación máis importante foi a construción de tres aseos públicos na parte inferior do palco, anteriormente empregado como arquivo. Tres baños (homes, mulleres e un terceiro adaptado para persoas con mobilidade reducida) que “darán servizo aos veciños e veciñas de Brión, especialmente durante a celebración dos mercados tradicionais dos martes como durante a próxima Romaría de Santa Minia”, apuntou Pablo Lago.
Uns aseos públicos que poderán usarse xa nesta Festa de Santa Minia, en horario de 9:00 a 23:00 horas. Os novos baños públicos do palco da música reforzarán os baños portátiles que se instalan todos os anos en distintos puntos do campo da festa.
Promoción local
A maiores, a actuación incluíu a mellora do estado exterior do palco da música e a incorporación de paneis divulgativos móbiles, “que servirán para promover os recursos turísticos de Brión e difundir información sobre os recursos e produtos da contorna nos mercados semanais que teñen lugar a carón da carballeira e para promover eventos como a Feira Labrega, que celebramos a semana pasada”, puntualiza Guarina Rey.
Á apertura dos novos aseos públicos contou coa participación dos concelleiros de Obras e Cultura, José Antonio Vidal e Sandy Cebral, así como da xerente do GDR Terras de Compostela, Chefa Fernández; e a arquitecta municipal, Mónica Arias, autora do proxecto de mellora.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)